Loading...

Novo coordinador do Victoria FC

“Todo gran club ten aos mellores ao frente”‼️

Pablo Montero, que seguirá formando parte da directiva e da secretaría do club, cede a coordinación do Victoria F.C. a Chivi García, que agora será coordinador único, tanto da sección feminina como da masculina.

Montero cede a coordinación deportiva do club logo de varios anos no cargo e de un sen fin de éxitos deportivos.

O Victoria F.C. é, actualmente, un club de base referente con centos de licencias federativas e vén de lograr un ascenso a división de honor en categoría infantil masculina.

Chivi García accede ao cargo contando tamén con grandes éxitos na sección feminina, na que o Victoria F.C. conta cun equipo feminino por categoría e un equipo sénior en categoría Nacional.

O club, de seguro, estivo e estará nas mellores mans!

O último
III TORNEO VICTORIA SOLIDARIA ‼️
hai un mes
NOVO PATROCINADOR: A RAS DE RAS
hai un mes
FAITE SOCIO/A DO VICTORIA FC
hai 7 meses