
85 ANIVERSARIO‼️
hai 3 meses
Dende o club poñemos de novo en marcha a campaña “FAITE SOCIO/A” do Victoria F.C.
Os socios terán acceso gratuíto aos partidos disputados na casa do equipo sénior A femenino, que milita na Primeira Nacional Femenina. Ademáis poderán disfrutar de descontos en eventos do club, así como en ofertas dos nosos patrocinadores.
Para facerte socio/a só tes que facer click no enlace e cubrir o formulario.